jueves, 3 de octubre de 2013

Save the date con Creaturas

Save the date! O día venres 11 de outubro dende a tarde ata a noite Encontro Creativo no Centro Social de Boiro. Proximamente mais info do evento para toda-las idades.


lunes, 30 de septiembre de 2013

Xeitos de non perder a creatividade: un Club con Antifás

O afamado psicopedagogo Ken Robinson afirma que a base da creatividade é o pensamento diverxente: a facultade de atopar moitas respostas a unha mesma pregunta. No vídeo Cambiando Paradigmas cóntanos que esta capacidade decrece exponencialmente, no mundo occidental, desde os 3 ós 16 anos. Ou o que é o mesmo: os sistemas educativos das "civilizacións máis avanzadas" atrofian a creatividade. Iso si: fabrican adoutrinados consumidores sen criterio moi convintes para as democracias neoliberais.


Pero déixenme que retroceda tres anos antes da aparición deste vídeo nas nosas vidas:

No IES A Cachada dábamoslles clase tres días por semana, pero querían máis. Propuxémoslles tarefas complexas e ata anticipamos conceptos do curso seguinte. Querían máis. Había unha viaxe de estudos e ocurríusenos que o organizasen por si mesmos, na aula: querían máis. Comezamos a reunirnos en horario extraescolar, aprendéndolles as ferramentas con que nosoutras xestionamos o noso traballo e ocio (o recén chegado Google Docs, os foros e páxinas de viaxes); inevitablemente, o noso xeito de entender o mundo filtrouse polos seus poros, e para a nosa sorpresa, a súa inquietude e creatividade reactivou en nós mecanismos que empezabamos a esquencer. A ósmosis perfecta: as súas mentes comezaron a expandirse e a nosa percepción do proceso educativo mudou por completo.
Sabémolo: fai anos que certo profesorado e alumnado partillan o seu tempo libre e rompen as barreiras dunha educación encorsetada e antiga. Pero para nosoutras, aqueles mozos e mozas foron a nosa primeira vez. Xuntos creamos un proxecto no que a creatividade xustifica os medios, e o compromiso coa nosa cultura e planeta é o noso “un para todos e todos para un”.

Así naceu o Club do Antifás, un obradoiro social-creativo do que podedes saber máis na súa páxina web ou agardar por futuras entregas neste blog de adorables Creaturas do lugar...

martes, 21 de mayo de 2013

la buena chica

nace "la buena chica"...o seu non é puro teatro

https://www.facebook.com/pages/La-Buena-Chica/314144818716586?ref=ts&fref=ts


¡Sorteo facebook lote de artículos de Creaturas!

Xentiña! Empezamos a semana co SORTEO dun lote de cousas feitas por Creaturas varias: Camiseta de Pepe Mouriño, Broche de MaraiJuana, Broche pandeireta de A gata moscovita, Anel de swaroski de M&M Creaciones, broche de Diane Onlooker e serie de 3 acuarelas de Loli Regueira. QUERES LEVAR TODO ISTO? Pois telo ben fácil, con estes 3 pasos antes do 28 de maio:

- Dálle " ME GUSTA" á páxina de Creaturas se ainda non eres seguidor.
- DÁLLE "ME GUSTA"a esta publicación.
- COMENTA nela o qué esperas ou che gustaría que fixeramos dende este colectivo.


O día 29 daremos a coñecer a gañadora ou gañador do sorteo a través da páxina sortea2.
Moitas gracias e moita sorte!!!


jueves, 25 de abril de 2013

Maio Vintage Market 2013

A primeira proposta que as Creaturas concretamos chamase Maio Vintage Market e terá lugar o día 4 de Maio de 12.00h a 20.00h na Rúa peonil de Boiro con mercadillo, música, actividades, photocall, piscolabis de balde con cada compra, desfiles de moda, sorteos, mostra de ilustracións e entrevista para o programa radiofónico "El Rincón Clandestino" con Marco Desoto. Ven a visitarnos!!!




E aquí tendes detallada a programación do evento:




viernes, 19 de abril de 2013

Frescas CREATURAS cheas de ideas que compartir


Creadores e creadoras comezamos a nosa divertida e creativa andaina co lanzamento de un video de presentación mediante a canle de youtube, coidado que aí imos...Estades preparados para coñecer ás CREATURAS? Non volo perdades, porque non ten desperdicio!

miércoles, 10 de abril de 2013

Cultura e Cidadanía !!



A cultura é cousa dos cidadáns. Parece obvio. Pois non o é. Nestes últimos anos a cultura foi cousa de políticos, artistas, intelectuais, xestores e unha multitude de interesados. Boa xente. Pero en cultura están despois dos cidadáns.



Para que quede hiperclaro, aquí van algunhas afirmacións rotundas para repensar, propor e xestionar cultura cos cidadáns. Aparentemente sinxelas: de calado.



Os cidadáns, os creativos, as organizacións que sabemos que a cultura serve para crear e manter unha vida digna e un mundo máis humano, denunciamos a marxinación da cultura para o crecemento persoal, común, dos plurais cidadáns que estamos seguros que outro mundo non só é posible: moitos xa o vivimos e querémolo compartir.



Denunciamos a súa opción por confundir a cultura ca soa diversión, o entretemento, o vacio, a salsa rosa, o famoseo impresentable, os museos de inauguración, a chabacanería, e o que soamente pode saír de inauguracións nas súas teles.



Queremos unha cultura ca cidadanía: para a liberdade, a creación, a solidariedade, a corresponsabilidade, as conveniencias, o dialogo, a igualdade de oportunidades.



Queremos unha cultura que respecte escrupulosamente a liberdade de expresión e a pluralidade.



Queremos que a cultura sexa o motor de democracia: aposta por unha cidadanía, unhas cidades e uns países emerxentes, esperanzados, creadores de vida común suxerente con todos.



Queremos unha cultura que nas artes e no cine, o teatro e os libros, a música e a danza, a fotografía e a festa...facilítenos sentido para entendernos, crecer, atoparnos e celebrar as nosas diferencias e a firme vontade de convivir. Unhas artes para a curación, a saúde. Xamais para a anestesia.



Convidamos a tódolos cidadáns e cidadás, a tódalas organizacións civís, a dicir basta ao chulismo mostrado como cultura: freemos a barbarie do enfrontamento e a opción do estéril como cultura para a vida



Declarémonos insubmisos, desobedientes ás súas agresións camufladas de cultura. Son carcoma.



Non queremos unha democracia feble e unha incultura permanente. Aos plurais cidadáns e cidadás vainos nelo, a calidade das nosas vidas.



Optamos por un proxecto de cidade, país e mundo construído e sostido dende a cultura, especialmente dende a cultura.



Faltános o aire que a cultura crea, alenta, imos a soplalo, de novos e renovadamente, como furacán para a civilidade. Con todas as esperanzas.

Temos a forza da liberdade, a enerxía da creatividade e a complicidade da solidariedade corresponsable para logralo. Amablemente. Contundentemente. Dende o diálogo, a suma e a insistencia.



Somos unha multitude. E imos a máis.



Ti non podes ser, aquí, espectador. As túas decisións son imprescindibles. É a túa opinión. Nunca máis calados. Nunca máis obedientes. Sempre creativos, libres e corresponsables. Porque a cultura é civil: vida de cidadáns.



Toni Puig

Especialista en xestión cultural e marketing público. Asesor cultural do Concello de Barcelona desde fai máis de 25 anos. Exdirector do servizo de promoción do asociacioismo do Concello de Barcelona(Torre Jussana) e asesor cultural para diversos gobernos en América do Sul

martes, 9 de abril de 2013

os pasmóns e as constituíntes, un bo título para o que está a suceder nestes tempos co empoderamento progresivo da sociedade civil ante a innacción e desresponsabilización das súas obrigas de goberno ou oposición, dos partidos políticos tradicionais.
no eido cultural tamén está a suceder que como di o moi recomendable artigo do país linkado ao pé deste texto, a cidadanía está a coller a iniciativa. asociacións, plataformas, colectivos culturais, comisións de festas, salas privadas e persoas particulares, están cubrindo e compensando a progresiva merma das axudas públicas ao sector cultural e a caída da oferta cultural institucional.
a cultura segue a brotar, ainda con máis forza, levada pola precariedade da situación pero tamén polo entusiasmo dos milleiros de persoas que tódolos días en galicia, organizan algún acto cultural, sa sexan exposicións, concertos, videofórums, desfiles, obradoiros ou mercadillos creativos como o que estamos a preparar en boiro.  porque como decía galeano "moitas pequenas persoas, en moitos sitios pequenos, facendo pequenas cousas, poden cambiar o mundo", sigamos adiante con este proceso constituinte que empezamos o 8m. mil primaveiras máis para a cultura do noso pobo!

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/07/catalunya/1365352224_323831.html

viernes, 15 de marzo de 2013

Quero ser


Quero ser unha amante, unha maestra, unha vagabunda, unha xuntaletras, unha escultora do inmaterial, unha fabricante de instrumentos musicais, unha filósofa socrática e unha musa errática. !Quero ser un centro social, unha obra de arte, un texto en cursiva e unha árbore vella!!Quero ser unha disruptora, unha creadora, unha visionaria apocalíptica, unha mestra da reconfiguración, unha nai hipócrita, unha descarga ilegal e un "Elixe a túa propia aventura"!!Quero ser unha axitadora rebelde!!Unha degustadora de xeados!!Unha organizadora de travesuras!!Unha acosada posta en liberdade!!Un dobre salto no trampolín!!Unha xoven rebelde!!Unha voluntaria!Unha compañeira.


Menos industrias y más cultura

Artículo extraído do blog temptatives.wordexpress.com

 

Tendencias de novas formas de traballar


Artículo extraído do blog http://www.yorokobu.es/urbanohumano/